Actividades no 8M

Para reivindicar o papel da muller na sociedade e nas nosas vidas, o noso alumnado realizou unha serie de actividades que deron como resultado cadros e carteis e vídeos que puidestes ver expostos na entrada do instituto, acompañando a unha selección bibliográfica dos nosos fondos.

- A mostra "Mulleres como elas, mulleres como nós" recompila retratos de mulleres pintados polo alumnado de 2º de Bacharelato, en Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica. Nela podemos ver a moitas mulleres moi importantísimas nas nosas vidas: nais, irmás, amigas, e mesmo autorretratos das propias alumnas, realizados en acrílico, tinta chinesa, grafito, cera...




- Na materia de Deseño de 2º de Bacharelato, coa súa profesora Beatriz López, o alumnado elaborou unha serie de carteis conmemorativos co obxectivo de seleccionar a nosa proposta para o Concurso da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. A esta proposta sumáronse tamén alumnas de 1º de Bacharelato Nuria, Raquel e Irene.





- Outra das actividades levadas a cabo en Deseño foi o traballo de investigación levado a cabo sobre unha proposta de mulleres destacadas da historia do deseño, a meirande parte delas non suficientemente coñecidas e valoradas.




- Na vitrina de exposicións da entrada, recompilamos libros de mulleres e sobre mulleres e feminismo, algúns deles. A meirande parte deles aquisicións recentes, adquiridos a través da partida económica adicada a Igualdade que nos concederon o ano pasado.




Na seguinte presentación podedes ver unha visión xeral das distintas exposicións.



No blog do instituto AdormiBlog, podedes ver tamén unha actividade organizada desde Vicedirección, a través das profesoras de Debuxo Artístico, María e Marisa,  para participar no Certame Ilustradas.

Comentarios