Decorando o Nadal

By AdormiBIBLIO - 14.12.20


Este ano non podemos elaborar unha árbore de Nadal como ás que nos tiña acostumados a nosa antiga compañeira Laura Molina, pero desde o Equipo da Biblioteca non queriamos deixar de adornar o centro con algo feito entre todos. E isto é o que argallamos! 

Grazas ao alumnado, como os grupos de Tecnoloxía de 2º ESO A, de Apoio de 2º de ESO, Volume de 1º de Bacharelato, de Valores Éticos de 1º de ESO..., á maña para as manualidades dalgúns compañeiros e compañeiras profes e ás mans axudantes de conserxes e limpadoras, o espírito de Adormideras e o de Nadal acompáñanos desde a entrada do instituto un ano máis.












  • Share:

Tamén podes ler...

0 comentarios