Recomendamos El Diario de Ana Frank
Hai xa tempo que non publicamos ningunha recomendación por aquí. Temos moitas novidades interesantes e nos gustaría presentárvolas, da man da nosa compañeira Inés.
Hoxe tócalle á ben coñecida novela ‘El Diario de Ana Frank’ en formato cómic, dos autores Ari Folman e David Polonsky
Hoxe tócalle á ben coñecida novela ‘El Diario de Ana Frank’ en formato cómic, dos autores Ari Folman e David Polonsky
Tras a invasión de Holanda, a familia Frank ocultouse da Gestapo nunha bufarda anexa ao edificio onde o pai de Anne tiña as súas oficinas. Alí permaneceu recluída desde xuño do 1942 ata agosto de 1944, data en que os seus membros foron detidos e enviados a campos de concentración. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Anne, unha nena de trece anos, escribiu o seu estremecedor Diario: un testemuño único sobre o horror e a barbarie nazi, e sobre os sentimentos e experiencias da propia Anne e os seus acompañantes.
Comentarios
Publicar un comentario