Saúdos desde a Biblioteca

By adormilees - 27.9.17

Ola! Benvidos un curso máis á Biblioteca do I.E.S. Plurilingüe Adormideras. Agardamos que este ano veña cargado de moitas cousas boas, de libros, revistas, películas e actividades que vos gusten e vos fagan crecer e mellorar como persoas e como estudantes.

Ao longo do curso compartiremos a través desta ventá o que facemos desde o equipo da Biblioteca.

As portas da Biblioteca están abertas para vós durante os recreos para ler libros e revistas, traballar nos ordenadores e atopar un momento de calma na nosa zona de descanso.

Esperámosvos!


  • Share:

Tamén podes ler...

0 comentarios