A elegancia do ourizo, de Muriel Barbury


A acción transcorre en París, nun edificio de xente adiñeirada nun barrio rico. Nel cóntase a historia de dúas vidas: a porteira do edificio, Renée, que aínda que é unha muller intelixente e con moita cultura faise pasar por unha porteira ignorante; e unha nena de doce anos, Paloma, que é superdotada e ten asumido que cando cumpra os trece suicidarase e queimará a súa casa para dar unha lección a súa familia. Gustoume moito o libro e recomendaríao, tanto pola acción en si como pola forma en que está escrito, que alterna as dúas voces narrativas de Renée e Paloma e permite saber como son realmente: contrarias a como o resto do mundo cre.

Faia Bermello, 1º Bach.B

Comentarios