CHARLA-CONFERENCIA DE ANDREA MACEIRAS
 O 23 de febreiro veu ao noso Instituto a autora do libro Nubes de evolución.
 
Este libro cóntanos a historia de tres personaxes: Amanda, moza nova e nai
solteira; Uxío, mozo rebelde e Luís, profe  de instituto, triste e 
angustiado pola morte da súa esposa.
 
 Os tres coñécense e comezan
unha forte amistade a través da pintada When will those cloudsall disappear? nunha estación  de autobuses.
Tivemos a oportunidade de facerlle diferentes preguntas sobre o seu libro  e a creación literaria.
Andrea Maceiras é Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galega, fai a súa tese doutoral na Universidade da Coruña.
- Obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre
 - Gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior.
 - Finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia no 2010.
 - Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2010, por Violeta Tamurana.
 - Finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, por Nubes de evolución.
 - Terceiro premio do XIV Premio de poesía Varela Jácome, por Auga lonxincua en 2013.
 - Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2014, por Miña querida Sherezade.
 

Comentarios
Publicar un comentario