Voando só, Roald Dahl


É un relato autobiográfico no que nos vai contando como foi a súa estadía en África, xusto antes de declarase a 2ª guerra mundial.

É un relato de aventuras no que se retrata a vida dos europeos de principios do século XX nas paisaxes africanas. Nelas o perigo das serpes (narra como se poden cazar as perigosas mambas verdes) e dos leóns forman parte da súa vida.

Logo formárase como piloto de caza para participar na contenda, na que toma parte é será abatido polas forzas inimigas, debendo pasar unha longa convalecencia para conseguir recuperarse.

Para 4º da ESO ou 1º Bac.

Comentarios