QUEN SOMOS

A nosa biblioteca está situada na planta baixa do centro, accesible desde o vestíbulo e conta con diferentes espazos de lectura e traballo.

Durante o curso 2022-23, o grupo de apoio da biblioteca está formado por Gema Cilleros Cembellín, Pilar Espido, Beatriz Fernández Cortizas, Ana Isabel García Barba, Paula Gómez Gómez, Juan Rodríguez, Inés Sánchez Pereiro, Eva Santaolalla, Carmen Tembrás Alonso e Montserrat Llamas Blanco (coordinadora). Contamos tamén cun equipo de alumnado axudante voluntario, a través do Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias.

En todos os anos de vida do centro a biblioteca ten pasado por diferentes etapas. Neste momento, e desde o ano 2014, participamos no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE), da Xunta de Galicia. 

Contamos con varios grupos dentro do programa Clubs de Lectura, coordinado por Gema Cilleros Cembellín, de lecturas xerais e de manga.

O noso alumnado participa, desde o 2021-22, no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, na modalidade de voluntariado escolar.

Tentamos traballar en proxectos de colaboración cos distintos departamentos, nomeadamente o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e desenvolver actividades en prol do fomento da lectura e a alfabetización do uso da información. 

Os nosos espazos están en constante evolución, para adaptarse ás diferentes propostas de cada ano. A continuación podedes facer un percorrido visual por algúns deles aquí. 

As biblioteca está dispoñible para préstamos durante o tempo de lecer dos recreos e se atopa dispoñible para o seu uso facendo reservas no libro que se atopa na biblioteca. O profesorado de apoio atópase dispoñible na biblioteca segundo o seguinte horario:



Comentarios